CRTVG

Buscar

Aumentan as vendas e o traballo nas florerías de cara ao Día de Todos os Santos

Publicado o 29/10/2019 21:21

Crisantemo, caravel, lirio, paniculata e rosa. Cinco flores duradeiras e ricas en cores e en texturas. Cinco clásicos que visten e acompañan os defuntos no Día de Todos os Santos. Acompañan ou acompañaban? Probemos co crisantemo. E tanto que cambia. En gustos e cumpridos non hai nada escrito

O que non cambia é a previsión. Son poucos os que deixan todo para o último día. Mellor encargar e decidir que flores queren e como as queren.

Só nesta florería compostelá teñen previsto vender nestes días uns mil centros. As vendas aumentan considerablemente e cara ao final mesmo se duplican. Antano as flores servían para neutralizar o cheiro dos mortos. Hoxe, porén, son o mellor agasallo para recordalos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019