CRTVG

Buscar

Aumentan as vendas dos principais ingredientes do cocido nestas semanas previas ao Entroido

Publicado o 07/02/2020 13:09

A carne de porco salgada gaña espazo nas carnicerías nesta época do ano. Estamos en plena tempada do cocido. 

Consuelo Sánchez, carniceira: "Un bo lacón, unha boa galiña da casa, ou polo, chourizos, cacheira e carne de tenreira con pouca graxa. De porco admite todo".

A partir do mes de novembro medra a demanda deste tipo de ingredientes, ata un vinte ou un trinta por cento nas datas próximas ao Entroido.

Carlos Pérez, carniceira: "Neste tipo de carnes si. Cada época ten a súa carne protagonista e nesta, de inverno, de Entroido, sempre se pide máis esa carne para facer lentamente".

Este ano o tempo do outono estragou a colleita de nabizas e grelos pero non hai cocido sen o acompañamento da verdura. 

 Pilar Gómez, vendedora de hortalizas: "É bo. Igual non comer moita cantidade de carne pero grelos e patacas non fan mal, ao contrario, a verdura é boa".

Hai verdadeiras entusiastas do cocido que non poden pasar sen el nin no verán: "En calquera época do ano. Eu non espero aos carnavais para facer cocido, vaime moi ben en calquera época". "Eu fago cocido para o meu xefe. Son do Brasil e aprendín bastante en Galicia e o meu xefe di que fago moi ben o cocido e el é de Lalín e gústalle moito".

Ademais, é un prato relativamente económico e abundante, do que sempre quedan sobras para outros días.

 

Noticias web

07/02/2020