CRTVG

Buscar

Aumentan as subvencións para o mantemento de postos de traballo para discapacitados severos

Publicado o 19/11/2019 15:18

O Goberno e as comunidades autónomas fan unha aposta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade.

A Conferencia Sectorial de Emprego aprobou a repartición de fondos para o aumento das subvencións destinadas ao mantemento de postos de traballo de persoas con discapacidade severa nos centros especiais de emprego.

Esas subvencións pasan do 50 ao 55 por cento. Galicia vai por diante. Desde hai dous anos, a contía destas subvencións é do 60 por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019