CRTVG

Buscar

Aumentan as retencións entre Cataluña e Francia durante as protestas de Tsunami Democràtic

Publicado o 11/11/2019 20:25

Continúan as protestas dos independentistas en La Jonquera, que están provocando importantes retencións nas dúas beiras da fonteira entre España e Francia. A AP-7 está cortada desde as nove da mañá, unha acción convocada por Tsunami Democrátic en protesta pola sentenza do procés. A ultima hora da tarde, os manfiestantes instalaron un escenario para celebrar actuacións musicais. A policía francesa ameazou con utilizar a forza para reabrir o tráfico na Junquera.

As retencións na rede viaria a ambos lados da fronteira entre España e Francia polo corte da autoestrada AP-7, que enlaza ambos os países, aumenta a medida que se prolonga a acción convocada por Tsunami Democràtic en protesta pola sentenza do procés. A estrada N-II, por onde se desvían os vehículos, acumula colas duns cinco quilómetros entre Figueres e Llers e de ata once no paso da Jonquera, xa que o corte da AP-7 ten lugar precisamente ao seu paso por esta localidade, segundo informa o Servei Català de Trànsit.

Ademais, o saída número 4 da autoestrada, en Borrassà (Xirona), rexistra retencións de dous quilómetros e, na 3, a de Figueres Norte, de tres, xa que se trata de dous dos puntos en que os vehículos deben abandonar a AP-7 polo corte de tráfico na fronteira.

A autoestrada leva xa oito horas cortada, xa que comezou pouco antes das 09:00, e, neste momento, teñen lugar concertos no escenario que os manifestantes instalaron sobre o asfalto e no que actuou xa o cantautor Lluís Llach.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019