CRTVG

Buscar

Aumentan as restricións por mor da covid-19 en toda Europa

Publicado o 14/10/2020 15:21

A situación epidemiolóxica é especialmente preocupante en Bélxica, onde esta noite entrou xa en vigor o toque de recollida en dúas provincias da rexión de Valonia.

No país veciño, Holanda, entra nunhas horas en vigor o confinamento parcial do país que durará catro semanas e que inclúe o peche de bares e restaurantes.

No Reino Unido as novas restricións anunciadas por Boris Johnson afectan sobre todo a zona metropolitana de Liverpool, a de maior risco, e implican o peche dos bares e a prohibición de reunións.

Mentres, na veciña Francia, agardan o anuncio de posibles confinamentos nalgunhas cidades como París e Marsella. Esta tarde Macron diríxese aos franceses para explicarlles as medidas que toma o país, porque os contaxios están disparados.

Tamén alarma a última cifra de contaxiados en Alemaña, con máis de 5.000 positivos nun día.

Noticias web

14/10/2020