CRTVG

Buscar

Aumentan as restricións en Barbadás tras detectarse un incremento de casos

Publicado o 12/05/2021 15:21

A situación de Barbadás, concello lindeiro coa cidade de Ourense, contrasta coa tendencia a baixa do resto da provincia. En dez días pasaron de cero contaxios a 14 positivos. Parte deles pertencen a un gromo familiar que ten a súa orixe unha persoas chegada doutra comunidade antes do levantamento do peche perimetral.

Os outros son contaxios de carácter social. Dende este venres reducirase a cabida tanto no inteior como no exterior dos lociais de hostalería . Ademais de Barbadás tamén incrementaron os casos de xeito preocupantes en Lobios que pasará a nivel baixo a nivel alto de restricións polo que non poderán atender no interior de bares e restaurantes.

Noticias web

12/05/2021