CRTVG

Buscar

Aumentan as restricións contra a covid-19 en distintos países de Europa

Publicado o 03/04/2021 20:39

Francia trata de axilizar a inmunización. Estas son imaxes do estadio do Olympique de Lyon​, habilitado para vacinar 14.000 persoas en dúas fins de semana.

A presión nas UCI vai en aumento e as autoridades decidiron poñer todo o país baixo as medidas máis estritas. É o terceiro confinamento nun ano. Están prohibidas as viaxes entre departamentos, a mobilidade limitada a dez quilómetros da casa, só abre o comercio esencial e pechan as escolas.

Vemos agora controis á chegada dun voo a Italia, que tamén puxo en nivel de restricións máximo todo o territorio ata o luns, os tres días festivos nacionais da Semana Santa. Acabada a Pascua, a metade do país seguirá con limitacións severas.

Aínda que alí a curva da pandemia empeza a diminuír, faino moi lentamente e as hospitalizacións seguen á alza. Italia confínase, pero coas fronteiras abertas, seguimos atopando viaxeiros de vacacións, neste caso ás Canarias. "Nós imos a Forteventura", di unha muller. "A Tenerife", conta outro pasaxeiro.

Varias cidades alemás foron escenario este sábado de protestas contra as restricións, que congregaron desde cidadáns descontentos, a negacionistas ou ultradereitistas.
Alemaña notificou un descenso leve da incidencia semanal pero está lonxe da contención que lograra a finais de xaneiro e mantén botado o freo das actividades non imprescindibles.

Noticias web

03/04/2021