CRTVG

Buscar

Aumentan as reservas turísticas para as vacacións de verán

Publicado o 18/05/2021 14:24

Quen mais quen menos soña xa cunhas vacacións fora de casa e sen máscara. Segundo Iria Rodríguez, dunha axencia de viaxes: "A xente vaise animando, amais imos ter voos directos dende Santiago a destinos como Os Azores, A Madeira, Cabo Verde, e o bo é que como se pode cancelar sen gastos ata pouquiño antes da viaxe, a xente estase animando". 

Son os maiores xa vacinados os que mais están a reservar viaxes. Moitos elixen Galicia, pero as Canarias e as Baleares están a ter moita demanda. Tamén se están a reservar cruceiros e viaxes ao Caribe, pero máis cara ao mes de setembro. O desexo de viaxar responde tamén á necesidade de volver á normalidade.

Malia que son moitos os que se animan a reservar, a cautela ante a pandemia está a condicionar os plans de vacacións.

Noticias web

18/05/2021