CRTVG

Buscar

Aumentan as ofertas de emprego vinculadas á Semana Santa de Viveiro

Publicado o 26/03/2019 14:36

En Viveiro xa comezou a conta atrás para a súa Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional. Os negocios da vila xa locen o cartel e o programa de actos que comezarán o 13 de abril co pregón e que dará paso a 15 procesións a cargo de 8 confrarías nas que participan máis de 3.000 persoas. Agora está por diante un duro traballo de organización e moitos preparativos.

A Semana Santa de Viveiro atrae cada ano miles de persoas e os negocios da vila tamén teñen que prepararse para estas datas. En portais de Internet e nos propios establecementos locen estes outros carteis en busca de persoal. Multiplícanse as ofertas de emprego especialmente en bares, restaurantes e hoteis.

Viveiro conta cuns 15.000 habitantes, pero a súa poboación duplícase na Semana Santa con turistas e visitantes que se achegan a coñecer as súas tradicionais procesións. O volume de xente non só se deixará sentir aquí, senón tamén noutros concellos da comarca da Mariña.

Noticias web

26/03/2019