CRTVG

Buscar

Aumentan as multas por non levar a máscara en Galicia

Publicado o 13/08/2020 14:57

Dende mediados de xullo, o uso da máscara pasou a ser obrigatorio en Galicia. Dende entón reforzouse a vixilancia neste eido na vía pública, nos areais e tamén durante o ocio nocturno, sobre todo nos lugares onde o turismo aumenta considerablemente no verán. É o caso de Baiona, onde xa denunciaron máis de 60 persoas por non levar a máscara en determinadas circunstancias.

As multas son, como mínimo, de cen euros, e no Porriño, por exemplo, impuxéronse un cento delas en apenas catro horas por incumprirse a norma dentro dos vehículos, tanto de traballo como particulares, cando o condutor vai acompañado e non acredita a familiaridade do cónxuxe. Tamén durante a noite se produce ese incumprimento da norma.

A interpretación da norma pode chegar a xerar certa controversia, por tratarse dun decreto bastante xenérico.

Noticias web

13/08/2020

Máis sobre actualidade