CRTVG

Buscar

Aumentan as importacións da China no porto de Vigo

Publicado o 28/02/2019 13:59

No primeiro mes do ano descargáronse no porto de Vigo mercadorías procedentes da China que acadaron as preto de 14.000 toneladas. Esta cifra supón un aumento dun 35 por cento sobre o mesmo período do ano pasado. Desde a Autoridade Portuaria sinalan que este incremento é froito das misións comerciais con China.

A maior parte do tráfico céntrase en materiais de construción, sobre todo importacións de fibra de vidro desde os portos chineses. Tras o xigante asiático, Francia quedaría en segunda posición no que se refire a importacións, aínda que segue primeiro na suma de entradas e saídas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019