CRTVG

Buscar

Aumentan as hipotecas para mercar vivenda en Galicia

Publicado o 02/10/2019 19:14

Os últimos datos que ofrece o INE revelan que en xullo se pediron na nosa comunidade case 1.181 préstamos. É un 20% máis ca o mesmo mes do ano anterior. Tamén son positivos os datos no resto de España. En todo o país pedíronse máis de 33.000 hipotecas, un 13% máis ca en xullo de 2018. A nosa é a sétima comunidade onde máis aumentaron os créditos. O importe medio que se pediu foi duns 121.000 euros.


 

Noticias web

02/10/2019