Aumentan as frecuencias para visitar as Cíes na ponte
Publicado o 15/05/2019 20:49
Continúan as viaxes ás illas Cíes neste mes de maio, e para esta ponte habilítanse máis frecuencias. Moita xente de fóra é a que se anima a visitar o arquipélago nestes días. A sona das Cíes é ben coñecida no exterior e a xente quere gozar delas afastada do balbordo que hai nos meses de verán.
Veñen de pasar unha xornada nas illas Cíes, e é que durante este mes de maio unha das navieiras realiza viaxes ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas dende Vigo e Cangas. Estas viaxes verán aumentada a súa frecuencia para a ponte.
A sona das illas Cíes é ben coñecida fóra das nosas fronteiras e é moita a xente que quería coñecelas.
Ademais das Cíes, durante a ponte a navieira realizará viaxes á illa de San Simón.