CRTVG

Buscar

Aumentan as exportacións da pedra natural galega, que conquista o país ruso

Publicado o 15/01/2019 14:29

Á espera de confirmar os datos provisionais deste 2018, dende o Clúster do granito de Galicia móstranse optimistas coa nova vía de negocio iniciada con Rusia. Un novo mercado para as exportacións que suma ás 80.000 toneladas de granito en bruto.

Esta posible vía de mercado compensaría a baixada nas vendas que sufriu este sector o ano pasado con Turquía motivado en certa medida pola inestabilidade que vive o país.

A posible irrupción do mercado ruso aumenta as expectativas de negocio dun sector que podería incrementar e moito o número de exportacións. De confirmarse estes datos, estariamos a falar dun récord histórico de cifras superior aos 120 millóns de euros acadados en 2017.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019