CRTVG

Buscar

Aumentan as doazóns de cabelo nos salóns de peiteado pontevedreses

Publicado o 04/04/2019 14:38

Un simple xesto pode cambiar vidas e sobre todo fortalecer a autoestima das persoas enfermas de cancro. A doazón de pelo é un acto altruísta que cada vez ten máis adeptos.

Estas doazóns pódense facer de maneira individual. Calquera persoa pode achegarse ata as propias asociacións contra o cancro e entregar nun sobre o seu cabelo, que como mínimo deberá ter unha lonxitude de 30 centímetros.

A esta campaña únense tamén moitos salóns de peiteado. Elas encárganse de cortar e entregar ese pelo ás asociacións. Por un módico prezo, cortan, arranxan e peitean estes doadores solidarios.

O cabelo que sae desta asociación volverá á súa cidade de orixe convertido xa en perruca natural. As mesmas serán gratuítas, pero sobre todo levarán o selo da solidariedade de milleiros de persoas.

Noticias web

04/04/2019