CRTVG

Buscar

Aumentan as consultas por problemas de sono logo do confinamento

Publicado o 22/06/2020 20:31

A corentena xerou situacións de estrés, ansiedade e incerteza que alteraron o sono a gran parte da poboación. Moitos estudos analizaron que mesmo que a xente durmira máis horas, a calidade do sono minguou.

A volta á rutina non está a ser fácil, sobre todo para a xente maior, que sufriu especialmente alteracións do sono. O final do confinamento está levando agora ás consultas moitas personas con alteracións emocionais e do sono. Moitos factores confluíron nesa tormenta perfecta para non durmir ben: o cambio das rutinas, da nosa relación coa luz e a escuridade, e a presión de estar pechados na casa.

O desconfinamento ten que ser amodiño. Estas rutinas de hixiene mental son tan importantes como lavar as mans e poñer a máscara se queremos ter un sono de calidade.

 

Noticias web

22/06/2020