CRTVG

Buscar

Aumentan as consultas cos psicólogos tras o confinamento pola Covid-19

Publicado o 15/06/2020 21:05


Sensación de ameaza ante un posible contaxio, síntomas de tristeza, problemas para durmir, ansiedade ou sensación de inseguridade ao saír á rúa, son algúns dos trastornos derivados do confinamento polo coronavirus que máis están a tratar os psicólogos. Estes profesionais coinciden en que a nosa saúde mental tamén se viu afectada en maior ou menor medida pola pandemia

 "Temos casos de pacientes que, por exemplo, o feito de simplemente baixar ao supermercado suponlles un nivel de estrés moi alto. Entón que fan, intentan evitar e con eles pois temos que traballar terapias de exposición progresiva porque o feito de facer actividades cotiás suponlle un nivel de estrés moi elevado", di a psicóloga Ana Hervada

Volver progresivamente á rutina e retomar actividades que co confinamento non se podían facer é o principal consello dos psicólogos para poder xestionar posibles fobias

"Facer cousas que nos fan sentir ben e xestionar o que son pensamentos que nos xeran malestar e que non sempre son realistas. Entón, realizar actividades agradables que antes podiamos facer e que agora non faciamos, descansar ben, comer ben, relacionarnos coas persoas que antes non podiamos", aconsella a psicóloga Ana Hervada

O colectivo dos sanitarios, os que estiveron en primeira liña nos momentos máis difíciles da pandemia son dos máis afectados. Segundo os psicólogos, os seus síntomas son a ansiedade, a irritabilidade e os problemas para desconectar do seu labor profesional.

Noticias web

15/06/2020