CRTVG

Buscar

Aumentan as capturas de polbo tras meses de escaseza alarmante

Publicado o 26/03/2021 16:30

Despois dun 2020 en que se rexistrou a peor campaña de polbo do século, cunha caída das capturas de ata o 90 %, empeza a haber sinais de recuperación. Desde xaneiro están medrando as capturas, pescáronse case tantos exemplares coma nos seis meses anteriores, e os mariñeiros ven cría no mar, pero agora ten que medrar.

Os científicos din que poderiamos estar ante un ciclo histórico, no que a un ano de escaseza lle segue outro de abundancia. Pero tamén advirten dos riscos de sobreexplotar o recurso e da sensibilidade do polbo ante as alteracións ambientais que provoca o cambio climático nas nosas augas.

Xulio Baleiras, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, asegura que existe a sospeita de que a alteración do afloramento, que é o principal alimento das larvas, puido estar detrás do acontecido. Neste sentido, insiste na alta sensibilidade do polbo ante calquera cambio e lembra a importancia de facer unha pesca sostible.

Noticias web

26/03/2021