CRTVG

Buscar

Aumentan a 8 o número de falecidos en España e a 191 os contaxios, 4 deles en Galicia

Publicado o 26/06/2020 17:39
Aumentan a 8 o número de falecidos en España e a 191 os contaxios, 4 deles en Galicia

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres oito mortes con COVID-19 en 24 horas, fronte ás 3 de onte, así como 11 falecementos na última semana. O número total de decesos desde o inicio da pandemia sitúase en 28.338. Dos once mortos:

Asturias 1

Castela e León 7

Comunidade Valenciana 1

Madrid 2 

Notificáronse 191 novos positivos, en comparación cos 157 deste xoves, para unha cifra conxunta de 247.905. Ata 788 persoas iniciaron síntomas de COVID-19 nas dúas últimas semanas, das que 275 se produciron nos últimos sete días. Os 191 positivos distribúense da seguinte maneira:

Andalucía 12

Aragón 72

Baleares 1

Canarias 3

Castela e León 2

Cataluña 36

Estremadura 7 

Galicia 4

Madrid 41

Murcia 1

Navarra 7 

País Vasco 5

A Rioxa 1

Non se inclúen os datos de Castela-A Mancha por "problemas técnicos".

En número de hospitalizacións na última semana, informouse de 147 (125.030 en total): nove en Andalucía, 16 en Aragón, un nas Baleares, dous en Cantabria, 20 en Castela e León, dez en Cataluña, catro en Comunidade Valenciana, dous en Estremadura, un en Galicia, 69 en Madrid, tres en Murcia, dous en Navarra e oito en País Vasco.

Mentres que hai 12 ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), 11.651 en total: un en Andalucía, dous en Castela e León, dous en Comunidade Valenciana, un en Estremadura, catro en Madrid, un en Navarra e un en País Vasco.

Noticias web

26/06/2020