Cinco falecementos este sábado elevan a 712 os mortos por coronavirus en Galicia
Cinco falecementos este sábado elevan a 712 os mortos por coronavirus en Galicia https://t.co/GE0kYKANuV pic.twitter.com/WPasI8Qsdm
— G24 (@G24Noticias) September 19, 2020
As cinco últimas persoas falecidas con coronavirus en centros hospitalarios galegos sitúan en 712 a cifra de mortos pola pandemia nesta comunidade. Corresponden a un varón de 93 anos que finou no hospital POLUSA de Lugo, unha muller de 85 anos que morreu no Hospital Lucus Augusti, esta relacionada coa residencia Domusvi de Outeiro de Rei. O terceiro finado é un varón de 89 anos que faleceu no CHUAC, e que estaba vinculado a unha residencia de Culleredo.
Na tarde do sábado informouse doutros dous óbitos, un home de 90 anos ingresado no CHUAC e outro varón de 69 anos que estaba ingresado no CHUO. Todos eles presentaban patoloxías previas
O número de casos activos de coronavirus en Galicia, segundo informa este sábado o Servicio Galego de Saúde, é de 4.365 persoas. A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:
• 1.223 (-14) na Coruña
• 744 (-1) en Lugo
• 651 (+40) en Pontevedra
• 509 (-2) en Ourense
• 431 (+25) en Vigo
• 626 (-5) en Santiago
• 181 (+5) en Ferrol
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.136 no domicilio.
Dentro do total de casos activos, están vinculados con centros residenciais 364 casos: 261 de usuarios e 103 de profesionais. En canto os falecementos, 313 están vinculados cos centros residenciais, e 142 morreron nas residencias e 171 en hospitais e residencias integradas.
En Galicia rexístranse tamén 96 casos positivos vinculados a escolas infantís e centros educativos, con 27 aulas e 1 centro pechados por coronavirus.
En Galicia hai un total de 16.525 persoas curadas e o número de PCR realizadas é de 421.776.