CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Aumenta un 20% a produción de castañas en Galicia

Publicado o 16/10/2013 14:55


Malia que para apañar a castaña de máis calidade haberá que agardar un mes, arestora xa se empeza a recoller a máis temperá. Todo apunta a que será unha tempada moi boa, en termos de cantidade. A chuvia destes últimos días e a calor do mes de agosto están a favorecer a engorda deste produto.
Este ano as previsións apuntan a que haberá máis cantidade de castañas. Un 20 por cento máis có ano pasado. Agárdanse recoller en toda Galicia unhas 10.000 toneladas. Delas 200 toneladas terán a certificación de calidade, o dobre có ano pasado. Nos soutos galegos xa están a recoller as castañas máis temperás, pero para apañar as que son de maior calidade haberá que agardar un mes. Este ano prevese un aumento da produción se o tempo continúa como ata agora. A calor do mes de agosto e a chuvia destes últimos días están a favorecer a engorda da castaña, da que viven cada vez máis produtores, coma Isaac Rodríguez que observa o estado dun dos seus soutos en Vilardevós. A provincia de Ourense produce o 60 por cento de toda a castaña galega.
Aseguran que a calidade tamén será boa e venderase a un euro ou euro e medio o quilo. A maior parte da produción vai para fóra das nosas fronteiras.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí