CRTVG

Buscar

Aumenta un 11% a reciclaxe de envases lixeiros e papel

Publicado o 10/04/2019 14:28

Cada galego separou o ano pasado para reciclar preto de 12 quilos de envases lixeiros, é dicir, tetrabriks, latas e plásticos. Foi un 11,4% máis ca en 2017. Somos os que máis melloramos en taxa porcentual, pero aínda así estamos un pouco por debaixo da media estatal, que se sitúa no 78,8% do total deste tipo de envases. En papel e carton, Galicia está ao mesmo nivel de España, con 14 quilos por persoa, un 14% máis que o ano anterior.

En 2018 recicláronse en Galicia 64.500 toneladas de envases lixeiros máis papel e cartón. Foi un 11,5% máis que en 2017, cando se reciclaron 58.000 toneladas. Segundo a Consellería de Medio Ambiente e a empresa Ecoembes, encargada da xestión deste tipo de residuos, os datos evidencian que a sociedade está cada vez máis concenciada da necesidade de devolver o lixo ao ciclo produtivo.

A Administración Autonómica salienta que a reciclaxe aforrou unha con 45 toneladas de materias primas, evitou o consumo de máis de 20 millóns de metros cúbicos de auga, reduciu o gasto de enerxía e evitou a emisión de unha,6 millóns de toneladas de CO2 á atmósfera.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental amosou a súa satisfación pola evolución dos datos e anunciou que ademais dos catro tipos de contedores que hai actualmente está en proxecto un quinto para residuos orgánicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019