Aumenta o número de mortos diarios en España e o Ministerio incorpora os falecidos nas residencias galegas

Volve subir o número de falecidos en España, 325 nas últimas 24 horas, 24 vítimas máis ca onte. Ata agora, a cifra máis baixa de falecidos desde o 20 de marzo foi a do domingo pasado, con 288, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade.
• Coas persoas falecidas nas últimas 24 horas, 325, a cifra total de mortos que facilitan desde Sanidade é de 24.275 desde o inicio da pandemia. Hoxe o Ministerio de Sanidade incorporora 128 persoas falecidas nas residencias galegas, pero só computa 7 como novas, o que provoca un baile de cifras.
• Tamén sobe o número de novos contaxios notificados ata os 2.144. O número de contaxios diarios estaba a baixar desde o xoves da semana pasada ata hoxe, que volve repuntar. A porcentaxe tamén volve subir, a media de hoxe é do 1% fronte, ao 0,6 %, de onte.
• O total de positivos oficiais por PCR en España é de 212.977 persoas.
• As persoas recuperadas ata agora suman en total 108.947. Delas, 6.399 son os pacientes recuperados nas últimas horas. Unha cifra moi superior á que se viña dando diariamente nos últimos días, que estaba entre os 1.000 e as 1.600 persoas. Isto débese a que hoxe o Ministerio de Sanidade tamén incorporaron os datos das altas epidemiolóxicas de Galicia, é dicir, as altas de curados na casa, pero neste caso compútaos como novos.
As comunidades autónomas máis afectadas polo coronavirus seguen sendo, por esta orde:
• Madrid, con 60.765 contaxios en total, 981 positivos nas últimas 24 horas fronte aos 29 novos positivos PCR notificados onte; a taxa de crecemento é do 1,6 % fronte ao 0,5 % de onte. O total de falecidos na comunidade de Madrid é de 8.105; deles, 57 onte, unha cifra menor que antonte, 62 persoas.
• Cataluña, con 48.690 contaxios, 496 das últimas 24 horas fronte aos 403 positivos por PCR notificados onte, lixeira repunta respecto a onte; a taxa de contaxios e do 1% frote ao 0,8% notificado onte. O total de vítimas mortais son 4.905; delas, 97 faleceron onte.
• Castela e León ten 16.690 positivos testados por PCR en coronavirus, 101 novos positivos de onte; a taxa de contaxios baixa ao 0,6 % fronte ao 1,1 % de onte. O número de vítimas motais nesta comunidade é de 1.736; delas, 26 morreon nas últimas 24 horas.
• Castela-A Mancha, con 15.785 persoas positivas por PCR, 79 casos rexistrados onte; a taxa de contaxios é do 0,5 %. As vítimas mortais son en total 2.436; delas, 40 morreron nas últimas 24 horas.
A comunidade autónoma menos afectada segue sendo Murcia: ten 1.480 persoas contaxiadas testadas por PCR, 5 contaxio onte. Faleceron en total 130 persoas, onte non houbo ningunha vítima.
Nas cidades autónomas, hai 114 en Melilla, sen casos onte. En Melilla faleceron 2 persoas desde que se iniciou a pandemia. E en Ceuta hai 101 persoas positivas por PCR en total, 1 caso onte, levaba sen casos desde o xoves pasado. Faleceron, en total, 4 persoas desde que comezou a pandemia.
Hai un baile de cifras porque o Ministerio de Sanidade incluíu hoxe os 128 falecidos nas residencias de Galicia que non computa como "novos" pic.twitter.com/C0ZH0HY2L9
— G24 (@G24Noticias) April 29, 2020
Pola contra, si considera "novos" os datos de curados de Galicia. O Ministerio incorpora desde hoxe as altas epidemiolóxicas de Galicia (que inclúe a curados nos hospitais e nas casas) pic.twitter.com/sRdd4lTOFN
— G24 (@G24Noticias) April 29, 2020