CRTVG

Buscar

Aumenta o número de contaxios ata os 1.095 e o de falecementos ata os 229

Publicado o 08/05/2020 12:35

O número de falecidos diarios mantense por enriba dos 200, segundo os datos oficiais do Ministerio de Sanidade. Semella que haxa unha estabilización no número de vítimas mortais diarias, porque leva días por debaixo dos 300.

A cifra de mortos comunicada hoxe en España volve subir lixeiramente respecto da publicada onte. Hoxe son 229, fronte aos 213 publicados onte. As cifras máis baixas desde o día 10 de marzo rexistraronse o domingo pasado e o luns, con 164 falecidos cada un destes días.

O total de persoas que morreron ata agora vítimas do coronavirus é de 26.299.

A porcentaxe media de España de novos contaxios en España aumenta algo respecto a onte e tamén a antonte. A de hoxe é do 0,49%, a publicada onte era dun 0,34  e a de antonte era dun 0,31% . Este aumento das porcentaxes de contaxios podería ter que ver coa apertura de medidas de confinamento das últimas semanas, pero, de momento, aínda non se coñece con seguridade.

Este aumento na porcentaxe de contaxios tradúcese en un crecemento importante na cifra de contaxios diarios. O número de novos contaxios diarios é hoxe de 1.095, fronte aos 754 positivos por PCR publicado o xoves e fronte aos 685 publicados o mércores. O domingo pasado foi a primera vez que se notificou unha cifra por debaixo dos mil positivos por PCR: 838.

O total de positivos por PCR de que dá conta o Ministerio de Sanidade é de 222.857. Case o 50% destes contaxios concéntranse en tres comunidades, por esta orde: Cataluña, Madrid e Castela e León. 

O número total de persoas que xa están curadas é de 131.148; delas, 2.637 foron notificadas onte.