CRTVG

Buscar

Crece o negocio dos artigos de segunda man por mor da pandemia

Publicado o 23/11/2020 20:55

A pandemia está a mudar moitos dos nosos hábitos, entre eles o xeito de comprar. Sábeno ben nas tendas de compravenda, que están a ver como aumenta o seu negocio pola crise socioeconómica provocada pola crise sanitaria.

Nalgúns casos, están os que pola súa situación económica están desprendéndose de artigos que non precisan, noutros porque compran cousas que agora necesitan por estar máis tempo na casa. Liibros, ocio e aparellos para facer deporte é do máis demandado nestes establecementos de segunda man.

"Sobre todo, notamos un cambio á hora de comprar, desde o confinmento para aquí notamos moito o que é o tema do ocio, o tema dos libros, o tema de máquinas deportivas. Tiñamos como 20 biciletas e elípticas e vendéronse todas en cuestión de dous meses",  sinala Óscar Montero, propietario dunha tenda de compravenda.

Tamén hai moita demanda, din nestes establecementos, dos accesorios de electrónica para o teletraballo a mellor prezo.

"O que é pantallas, portátiles, tabletas para traballar na casa e todo tipo de electrónica que poida axudar, si, si que se notou. Notouse xusto un pouquiño antes do peche, e unha vez aberto, tamén", explica Carmen Rodríguez, encargada dunha tenda de compravenda

Nesta tenda de compravenda de Oleiros tamén teñen servizo de decoración e grandes electrodomésticos. Destacan o incremento de clientes que se achegaron para vender os seu svellos sofás.

"Notamos tamén moito a entrada de sofás. Semella que todo o mundo pensou en cambiar os sofás da casa e trouxo aquí a vender os que tiña antigos", di Óscar Monterropietario.

Tamén prevén que nos primeiros meses do ano que ven aumente a entrada de artigos procedentes de aqueles locais de hostalaría que van baixar a persiana definitivamente pola crise.

Noticias web

23/11/2020