Aumenta o movemento no aeroporto de Madrid-Baraxas
Coa mobilidade terrestre restrinxida, os aeroportos rexistra unha maior actividade. As fronteiras exteriores de España están abertas e iso facilita as viaxes en avión.
Coas comunidades autónomas pechadas, os aeroportos convértense en porta de entrada e saída nestes días previos á Semana Santa. Non podemos viaxar entre comunidades, pero si o podemos facer fóra de España ao estar abertas as fronteiras exteriores.
Unha volta polo aeroporto de Madrid-Baraxas e custa entender que estamos en plena pandemia e coa mobilidade restrinxida. Ringleiras de xente facturando. Tamén no control policial.
É un día de moito movemento en Baraxas. Hai viaxeiros que van de vacacións. Pero tamén atopamos os que viaxan por motivos de traballo. Sexa por unha ou outras razóns, os aeroportos ábrennos unha vía de escape.