CRTVG

Buscar

Aumenta o interese por vivendas no campo ou pisos con terraza ou balcón

Publicado o 28/04/2020 15:34

As visitas que están a recibir os portais inmobiliarios durante a corentena indican un interese crecente por vivendas lonxe dos centros das cidades, nas que se prioriza ter máis metros e, sobre todo, espazos exteriores.

A primeiros do século pasado, os edificios incorporaban por norma un pequeno balcón e nos anos 60 e 70 construíanse con terrazas, que nas décadas seguintes comezaron a pecharse para gañar espazo.

Hoxe volve a demanda de vivendas pensadas non só para ir durmir. Búscanse fogares flexibles en que se poida traballar, xogar e convivir. Que sexan, en definitiva, resistentes ao confinamento.

 

Noticias web

28/04/2020