CRTVG

Buscar

Aumenta o interese polas casas de turismo rural para as vacacións de verán

Publicado o 21/05/2020 14:30

O campo, a natureza ou poder estar ao aire libre foron algunhas das cousas que moitos botaron de menos durante a pandemia. Esta situación fixo que agora moitos aposten polo turismo rural para pasar as súas vacacións de verán. Nótano xa nesta Casa de Pacios, en Triacastela, onde ven medrar as reservas ante a incerteza de como será a mobilidade e de se se poderá viaxar e por parte daqueles que queren respirar xa aire puro.

O mesmo acontece na casa grande da Fervenza, no Corgo. Nos últimos días arrancaron animadas as reservas. O turismo rural achega establecementos menos masificados que os hoteis e hainos que mesmo se poden alugar enteiros por grupos de amigos ou familias.

As reservas de verán son, polo de agora, de turistas nacionais e axudan a contrarrestar o descenso das que adoitaban ter vinculadas co Camiño de Santiago.
 

Noticias web

21/05/2020