CRTVG

Buscar

Doce dos trece concelleiros do goberno bipartito de Lugo terán dedicación exclusiva

Publicado o 05/07/2019 18:29
Doce dos trece concelleiros do goberno bipartito de Lugo terán dedicación exclusiva

O Concello de Lugo celebrou o seu pleno de organización. Doce dos trece concelleiros do goberno bipartito do PSdeG e BNG terán dedicación exclusiva. O Partido Popular, con dez concelleiros, terá dúas dedicacións, e unha terceira é para a voceira de Ciudadanos. Neste mandato o gasto en dedicacións e persoal aumenta en 227.000 euros. Tamén hai un aumento de asesores, pasan de trece a dezaoito.

Noticias web

05/07/2019