CRTVG

Buscar

Aumenta o emprego e a produción no sector conserveiro galego

Publicado o 07/03/2019 14:53

Por cuarto ano consecutivo, a industria mar alimentaria aumenta en produción, facturación, emprego, exportación e innovación. Mantense como líder europea e Galicia como a comunidade máis importante representando un 80% do sector. Só as conservas de peixe e mariscos crearon 400 postos de traballo e aumentaron nun 4% a súa produción.

O clúster Anfaco Cecopesca investiu en 2018 preto dun millón e medio de euros en innovación e mantén distintos proxectos en marcha. As principais ameazas ás que se enfronta nun futuro próximo son o brexit e a entrada do atún e as conservas de Tailandia no mercado da Unión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019