CRTVG

Buscar

Os posibles indultos a presos do 'procés' fan subir a temperatura do debate político

Publicado o 27/05/2021 14:42

O Ministerio de Xustiza ten que analizar o informe do Supremo, contrario a indultar os condenados polo procés, e despois elevará unha proposta ao Consello de Ministros. No Goberno lembran que a opinión do Supremo non é vinculante.

O debate incomoda unha parte do PSOE. O presidente de Estremadura di que non debe ser indultado quen non respeta as leis e o de Castela-A Mancha cre que os indultos serían un dos grandes erros da democracia.

A oposición ve nos posibles indultos un pago de Sánchez aos seus socios parlamentarios. E o PP presentará mocións contrarias nos concellos e piden un pleno para que Sánchez dea explicacións no Congreso.

A previsión é que o Goberno tome unha decisión antes de agosto.

Noticias web

27/05/2021