Aumenta o abandono de animais no verán
Publicado o 29/07/2020 22:53
Fran chegou hoxe mesmo ao refuxio de animais de Santiago. Coma el outros 200 cans e 150 gatos agardan unha familia coa que vivir. A cambio ofrecen un amor incondicional. Coma cada ano nos refuxios coma este constatatan que coa chegada do verán aumentan os abandonos.
No refuxio de Santiago suman ademais outro problema, o dos cans que chegan á cidade seguindo os peregrinos.
Nos refuxios insisten en que apostemos pola adopción, pero ten que ser, din, unha adopción consciente, porque levar un animal para a casa esixe responsabilidade.