CRTVG

Buscar

Aumenta nun 60 % a compravenda de vivendas en Galicia respecto ao ano pasado

Publicado o 08/10/2021 21:44
Aumenta nun 60 % a compravenda de vivendas en Galicia respecto ao ano pasado

No mes de agosto, a compravenda de vivendas en Galicia subiu máis dun 60 por cento con respecto ao mesmo mes de 2020. Este incremento está por riba da media española, que rexistrou un aumento do 57 %.

Por comunidades, Galicia ocupa o sexto lugar dunha lista que encabeza A Rioxa. Son datos do Instituto Nacional de Estística que reflicten unha "evolución positiva" do mercado inmobiliario, segundo fontes do sector. O 2021 empezou cunha tendencia á baixa, pero foi remontando a partir do mes de marzo, e acadou o maior número de compravendas no mes de xuño.
 

Noticias web

08/10/2021