CRTVG

Buscar

Aumenta a vilixilancia nos accesos aos centros comerciais, que estrean novas restricións

Publicado o 15/01/2021 17:11

Pola súa propia dinámica de funcionamento, as grandes superficies son lugares que reúnen moitas persoas compartindo espazo onde ás veces se producen pequenas aglomeracións. "Vemos que as escaleiras van abarrotadas de xente e non son conscientes do que está pasando."

As autoridades sanitarias non se cansan de facer chamamentos á responsabilidade individual, pero ás veces non chega. Por iso decidiuse implementar novas limitacións. "Eu penso que é necesario"
"A ver se o para, e coas vacinas, claro"

Moitos controis esta mañá preto dos centros comerciais galegos para informar das novas medidas e vixiar o cumprimento.

 "Saben que é polo beneficio de todos, non é algo que queiramos facer gratuitamente. É pola saúde de todos e a xente enténdeo perfectamente", 

Todos os centros comerciais de Galicia pecharán ás nove e media. Nos concellos con nivel máximo de restricións a ocupación redúcese ao 30 por cento e as zonas comúns só serán de tránsito, e iso inclúe o peche das terrazas de hostalería situadas no interior do recinto.


 

Noticias web

15/01/2021