CRTVG

Buscar

Aumenta a venda en liña de marisco galego destinado a mesas de todos o Estado

Publicado o 02/12/2020 13:46

A venda de marisco e peixe en liña dispárase debido á pandemia e ao confinamento. "A xente empezou a probar a venda online, funcionou, viu que é produto fresco e agora está xa repetindo pensando nas datas do Nadal", di Pablo Mourelos, encargado de Mariscos O Grove.

De feito, moitos clientes apostan por adiantar as compras para economizar. "A xente cada vez é máis previsora", explica Pablo Mourelos, "cada vez compra antes, para conxelar, para evitar os prezos máis caros do Nadal".

O sector afronta as datas do Nadal con optimismo. "Nós triplicamos as vendas con respecto ao ano pasado, e agardamos que este Nadal volva aumentar o volume de pedidos", explica Montse Fernández, responsable de márketing da empresa O Percebeiro. Uns pedidos en que se atopa o mellor marisco da costa galega.

Máis envíos, pero paquetes polo xeral máis pequenos, ante un Nadal en que as reunións serán necesariamente de menos xente.

Noticias web

02/12/2020