CRTVG

Buscar

Aumenta a venda de froita e verdura grazas aos que intentan combater os excesos do Nadal

Publicado o 12/01/2018 14:22

Atención a este dato, que se está a notar nos mercados galegos un incremento de vendas en froitas e verduras, sobre todo produtos da temporada. Non é casualidade. Porque no Nadal engórdase, de media, entre dous e tres quilos. Para perdelos, os expertos recomendan moita auga, e moito verde.

Despois de tantas comidas abundantes, moita carne, doces e alcol toca agora recuperar a normalidade tamén na alimentación. As verduras e froitas volven as mesas e estes días nótase nos mercados un aumentos nas vendas. 

Hai quen adoita ter a verdura e as froitas na súa dieta habitual, pero tamén quen intenta estes días comer un pouco mellor para combater os excesos do Nadal. 

Os datos din que durante o Nadal engordamos entre dous e tres quilos de media. E os expertos nutricionistas asegura que o mellor xeito de baixar eses quilos é recuperar os hábitos saudables. 
Para conseguir o obxectivo e baixar de peso o máis importante din é aprender a comer e fuxir das dietas máxicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018