CRTVG

Buscar

Aumenta a venda de bicicletas eléctricas para facilitar a mobilidade dentro das cidades

Publicado o 07/09/2021 21:01

Hainas para usar nos desprazamentos pola cidade, pero tamén para practicar deporte por estrada ou montaña. As bicicletas eléctricas están pensadas xa para adaptarse a todos os usuarios, o que fai que aumenten as vendas.

Chegan a acadar os 25 quilómetros por hora e o nivel de resistencia, a axuda que nos presta a máquina, varía dependendo das nosas necesidades. Unha opción que anima a moitos a volver facer deporte en bicicleta.

Os prezos tamén varían e poden chegar aos 15.000 euros dependendo das súas características.

Noticias web

07/09/2021