Aumenta a venda de antigripais, sen chegar aínda ás cifras prepandemia
"Eu, por exemplo, xa collín unha media gripe, non foi unha gripe coma as outras fortes, pero xa teño algún síntoma e por iso veño á farmacia", comenta unha señora.
As medidas para ter baixo control a covid demostraron ser o mellor antídoto para previr a gripe. Notouse na ausencia de ingresos hospitalarios, pero tamén nas farmacias, que comprobaron como as vendas caían en picado. Agora empezan a recuperarse.
"Empeza a notarse un incremento das vendas de antigripais, pero non son para propiamente antigripais, son para síntomas de catarros ou arrefriados", informa Iván Fernández, técnico de farmacia.
"Aínda estamos moi lonxe das cifras de 2019, pero si que parece que pode empezar a haber máis movemento deste tipo de produtos", apunta María Argibay, directora técnica de Cofano.
Despois da última campaña, as farmacéuticas afrontan esta con moitas incógnitas.
"Os laboratorios soen facer precampañas de cara ao outono e fanas ao principio do verán e este ano, con todo, atrasáronas e aínda están comezando agora, o cal indica tamén pois que era unha incógnita o que ía suceder, pero que todo apunta a que este ano haberá algo de aumento", conta María Argibay, directora técnica de Cofano.