CRTVG

Buscar

Aumenta a superficie destinada a cultivo de pataca na comarca da Limia

Publicado o 22/05/2019 14:28

Na Limia vaise sementar este ano entre un dez e un quince por cento máis de pataca, unhas catrocentas hectáreas máis que a pasada campaña. Os bos resultados da última colleita animaron a moitos agricultores a incrementar este ano a súa produción. Estes días, din, no teñen descanso, para rematar canto antes coa sementeira. 

Os tractores non descansan estes días na Limia. Os agricultores traballan arreo para rematar a tempo a sementeira da pataca. Desta volta será algo maior que a última campaña.

Este incremento na superficie sementada non é necesariamente algo que repercuta de xeito positivo na economía dos agricultores. De feito, contan que arestora viven con certa incerteza o que ocorrerá con prezos da pataca nos vindeiros meses.

Este aumento da produción limítase principalmente aos agricultores non profesionais. Estes poderían incrementar de dúas a cinco hectáreas de media a superficie dedicada á pataca. Nas zonas máis temperás xa rematou a sementeira, quedan pendentes de finalizar os traballos nas leiras máis susceptibles de sufrir inundacións e as dos agricultores profesionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019