CRTVG

Buscar

Aumenta a prevalencia de alerxias a alimentos, como ao leite e ao glute

Publicado o 21/05/2019 21:25

As consultas sobre alerxias alimentarias duplicáronse na última década. Os expertos din que é tanto polo aumento da prevalencia de alerxias a alimentos como pode ser o leite ou o glute, como polo aumento dos alérxenos que consumimos a través de alimentos procesados. A recomendación: facer probas para diferenciar entre unha alerxia ou unha intolerancia.

Os médicos constatan que cada vez hai máis persoas con alerxias alimentarias. Isto, din, é unha realidade. E por que? Segundo os expertos aínda non hai unha teoría global que explique o aumento das alerxias pero si saben que factores están a influír.

Convén diferenciar entre o que é unha alerxia, que pode ser moi grave e ata provocar a morte, dunha intolerancia, por exemplo, á lactosa ou ao glute. Importante din facer probas para saber que dieta levar.

A intolerancia provoca sobre todo problema dixestivos, dor ou diarreas, pero as alerxias poden afectar órganos, a pel ou o aparato respiratorio.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019