CRTVG

Buscar

Aumenta a presión hospitalaria na Coruña: 48 ingresados e 4 persoas na UCI

Publicado o 17/08/2020 16:15

A área sanitaria da Coruña-Cee ten 851 casos activos. Son 73 máis nas últimas 24 horas. Aumenta tamén a presión hospitalaria, con 48 persoas ingresadas, 4 delas na unidade de coidados intensivos do CHUAC.

A fin de semana detectouse un gromo na residencia Orpea da Zapateira, en Culleredo. 8 maiores deron positivo. Dous días antes dera positivo un traballador. O módulo afectado está illado e están a realizarse probas a persoal e usuarios

A partir de hoxe faranse probas masivas. Comezarán esta tarde en Bergondo e Abegondo, onde esta mañá preparaban o centro de saúde. Máis de 200 veciños dos dous concellos someteranse ás probas PCR voluntariamente.

Agora en Abegondo a situación está controlada, con só dous casos positivos confirmados. Aínda así, hai certa preocupación entre os veciños polo que está a pasar na comarca.

Ao longo da semana os cribados aleatorios irán estendéndose ao resto de concellos da área metropolitana da Coruña.

Noticias web

17/08/2020