CRTVG

Buscar

Aumenta a presión asistencial (+21), mentres os casos activos seguen baixando (-467)

Publicado o 23/08/2021 10:27

• Descenden os casos positivos por PCR (-114)

• As persoas con coronavirus descenden en todas as áreas sanitarias 

Aumenta a presión asistencial (+21), mentres os casos activos seguen baixando (-467)

Esta semana comeza cunha baixada dos casos activos por coronavirus en Galicia (-467), situando o número en 10.411.

Con respecto ás PCR realizadas, rexistráronse 446 positivas, 114 menos ca na xornada anterior. Todas as áreas sanitarias restan contaxios por covid.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 2.429 (-163)

A Coruña: 3.096 (-198)

Pontevedra: 945 (-58)

Santiago: 1.211 (-9)

Ourense: 714 (-14)

Lugo: 1.231 (-1)

Ferrol: 785 (-24)

Por outra banda, repunta a presión asistencial, aumentando en 11 as persoas hospitalizadas. En total, hai 63 persoas en coidados intensivos e 268 en planta. Ademais, Saúde Pública notificou na xornada anterior o falecemento de dúas persoas, alzando o número de decesos por covid aos 2.540 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos