CRTVG

Buscar

Aumenta a presenza de plástico na ría da Arousa

Publicado o 11/09/2019 14:16

Percorreron máis de 8.000 quilómetros a bordo dunha embarcación e descubriron unha alta presenza de plástico no mar. Son as conclusións do último estudo realizado polo Botlenose Dolphin Research Institute, con sede no Grove, cuxos resultados queren facer chegar a toda a sociedade.

Bruno Díaz, director do BDRI, explica que fixeron unha mostraxe grazas ao cal construíron uns mapas coa probabilidade de atopar plástico na superficie da auga. 

Unha probabilidade de atopar plástico na superficie do mar, que nalgunhas zonas, como a contorna de Sálvora, é do 60%. O problema, di Bruno Díaz, é que ese plástico acaba sendo comido polos animais mariños. Tamén repercute nas actividades pesqueiras e no investimento das adminitracións, explica, para limpar os areais.

Ademais, a presenza deste tipo de material no medio acuático, alertan desde o instituto, aumenta de ano en ano. Polo que concienciarse e modificar hábitos é fundamental para axudar a manter o mar galego libre de plásticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019