Aumentan a oito os positivos detectados no cribado masivo da Illa de Arousa
Publicado o 11/01/2021 18:56

Sanidade aumentou a oito os positivos, todos eles correspondentes a persoas asintomáticas, detectados no cribado masivo realizado esta última fin de semana no municipio pontevedrés da Illa de Arousa. Son seis máis dos comunicados este mediodía polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, que explicou que este cribado tivo unha participación "elevada".
Acudiron facer as probas o 90% das persoas que estaban chamadas. Das 3.664 persoas maiores de 15 anos ás que se dirixía este cribado, acudiron 3.285, o que supón unha das respostas "máis altas con diferenza" de todos os rastrexos realizados en Galicia durante a pandemia, segundo José Ramón Gómez.