CRTVG

Buscar

Aumenta a incidencia da covid-19 nas cidades galegas

Publicado o 10/01/2021 21:01

A área sanitaria de Santiago e Barbanza supera os cen pacientes ingresados con covid−19. O número aumentou ata os 105 hospitalizados este domingo, sete deles na unidade de coidados intensivos do CHUS. O ritmo de contaxios é especialmente preocupante en Compostela, cunha incidencia acumulada por riba dos 325 casos, a máis alta das sete cidades galegas.

Os preto de 150.000 veciños de Santiago, Ames e Teo teñen restrinxida a mobilidade polo peche perimetral conxunto dos tres concellos. Están na mesma situación A Coruña, Arteixo, Cambre e Culleredo, que suman máis de mil casos activos.

A Coruña é a cidade galega con máis casos activos: 733, 45 máis ca onte. Nesta área sanitaria xa hai máis de 1.800 persoas coa infección en curso. Os hospitais atenden 101 pacientes con covid−19.

A área sanitaria de Vigo contabilizou 133 positivos nas últimas 24 horas e achégase aos 1.400 casos activos. O 42 por cento están na cidade. Tampouco deixa boas cifras a área sanitaria de Ferrol, que duplicou os novos positivos nunha soa xornada. Ten 491 persoas infectadas.

Noticias web

10/01/2021