CRTVG

Buscar

Aumenta a incidencia da covid-19 en Ribeira, Muros, Noia e na Pobra do Caramiñal

Publicado o 26/07/2021 13:22

A comarca da Barbanza e na zona da ría de Muros e Noia seguen en niveis altos de incidencia da covid-19. Boiro e A Pobra seguen en niveis máximos de restrición, segundo reflicten os datos acumulados das últimas dúas semanas. Boiro baixou un pouco, malia seguir cunha incidencia acumulada nos últimos catorce días de preto de 1.200 persoas. Os datos hoxe reflicten unha repunta en Ribeira, Muros Noia e na Pobra do Caramiñal.

Os veciños din que eles cumpren: "Eu creo que se están usando as máscaras, aínda que no exterior non é obrigatorio. Vexo que se cumpre, o que pasa é que é verán hai moita máis xente, praias cheas. A xente anda con máscara a maioría, non se ve que haxa que facer tanta restrición por aquí. Din que en exteriores non hai tanto perigo, tamén a xente nova pode contaxiar, pero tamén ten que saír, porque aínda non aguantamos na casa os maiores. Agora no verán ten que mellorar porque temos que tomar todos conciencia".

Muros e Noia están en aumento e nos últimos días multiplicouse por cinco a incidencia do coronavirus. Na área sanitaria de Santiago-A Barbanza hai 20 persoas ingresadas, das que só dúas están en coidados intensivos. A taxa de positividade na véspera do Apóstolo triplicou a recomendación do 5 por cento da Organización Mundial da Saúde para poder dicir que a pandemia está controlada.

Noticias web

26/07/2021