Aumenta a desmotivación na poboación á hora de adoptar medidas contra o virus
A prolongación no tempo da pandemia de coronavirus está a provocar en boa parte da poboación unha menor percepción do risco sobre a gravidade da enfermidade e unha maior desmotivación para adoptar medidas para evitar os contaxios.
É o que se coñece como fatiga pandémica e que afecta xa en maior ou menor medida a algo máis do 40% dos cidadáns.
Segundo un estudo impulsado pola Organización Mundial da Saúde, o 60 por cento da poboación europea presenta síntomas de fatiga emocional ao prolongarse no tempo a pandemia de coronavirus.
Unha resposta natural do organismo que en España afecta con maior ou menor gravidade xa algo máis do 40 por cento da poboación e que se evidencia en tres aspectos fundamentais: cada vez buscamos menos información sobre a covid, temos menos percepción do risco que supón a enfermidade e adoptamos menos medidas de protección.
Un cansazo que a maioría dos enquisados non manifesta para aceptar limitacións que buscan protexer os máis vulnerables.
A estatística indica que os niveis de fatiga pandémica son maiores entre os máis novos, os que teñen menos estudos, non conviven con cativos e non son persoal sanitario.