CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda nos supermercados, sen chegar ao desabastecemento de marzo

Publicado o 27/01/2021 20:28

Non chega aos extremos da primeira onda, pero nos supermercados xa se observa actividade de aprovisionamento. Clientes que enchen o carro, en previsión dun autoconfinamento, e máis compras en liña. Onde máis aumentou a demanda é nos produtos que habitualmente consumimos en bares e restaurantes.

É o caso deste supermercado de Ourense. Confírmannos que a demanda aumentou non desde o momento en que empezaron as restricións, senón xa antes, cando se empezou a especular con esa posibilidade. Din que se nota especialmente no produto fresco e tamén na compra online.

María Paradela, responsable do supermercado Plenus de Ourense: "Xente maior que nos fai pedidos telefónicos porque se lle fai complicado saír da casa ou non teñen quen lle leve a compra, aí si que notamos un repunte".

Listaxe en man, as traballadoras do supemercado van enchendo o carro. Peixe, carne e froita son os produtos con máis saída, xunto con outros encamiñados a paliar a ausencia da hostalería.

"Tema de bebidas, refrescos, snacks, aperitivos...".

Os estantes están abastecidos, nada que ver co que pasara no mes de marzo.

"Non creo que volvamos ao papel hixiénico e a tontería esa". "Compramos o que podemos todos os días e acabouse. Encher o carro? para que? se está aberto todos os días, todos os días podes comprar", comentan dous clientes.

O que máis lle preocupa ao persoal, coma na primeira onda, é a seguridade nun momento de máxima propagación do virus.

Noticias web

27/01/2021