CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda nas farmacias dos certificados de vacinación

Publicado o 24/07/2021 16:29

Os certificados de vacinación tamén se poden solicitar nas farmacias. De feito, as farmacias teñen estes días máis xente por mor da entrega destes certificados. É un trámite sinxelo que asegura telo impreso no caso de non poder descargalo en Internet.

Comprobámolo nesta en Augapesada, no concello de Ames. Entregar a tarxeta do Sergas e imprimir.

As farmacias poden imprimir o certificado de vacinación, o de que se pasou a enfermidade ou o que constata a existencia dunha PCR feita polo Sergas.

Din nesta farmacia de Luou, no concello de Teo, que onte imprimiron arredor de medio cento de certificados de vacinación. Un número ben considerable dos que acoden á farmacia aproveitan para solicitalo.

Do soporte en papel sempre pode volver ao dixital.

Algo que levan demostrando toda a pandemia.
 

Noticias web

24/07/2021