CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda de cámaras de seguridade

Publicado o 03/07/2020 14:36

As empresas galegas de seguridade din que a demanda de dispositivos de vixilancia para evitar a ocupación de vivendas medrou preto dun 25 por cento nos últimos meses.

"Temos arredor dun 20 ou 25% máis do que vén sendo habitual de demanda de solucións deste tipo", asegura Manuel Rial, xerente dunha empresa de seguridade.

As empresas do sector destacan que os dispositivos de vixilancia permiten axilizar o desaloxo dunha vivenda ocupada. Ao daren aviso inmediato, permiten actuar dentro do prazo de 48 horas que evita que o proceso acabe nos xulgados.

"Dá un rexistro de en que momento a propiedade foi indebidamente usurpada e a policía intervén baixo a nosa chamada", explica Manuel Rial.

Segundo a Federación Galega de Inmobiliarias, hai arredor de 330.000 vivendas baleiras en Galicia.

Noticias web

03/07/2020